domingo, 3 de marzo de 2013

Usos das tecnoloxías por parte do alumnado e oportunidades dende a orientación.


      O alumnado que temos nos centros educativos utilizan acotío as tecnoloxías da comunicación e da Información, pero as veces non de forma axeitada.
           Deténdome en dous artigos recollidos na páxina "Educación en Valores" onde a fonte dos dous é "El periódico de Cataluña". Estes dous artigos son:


Nas dúas noticias mostrásenos como a través das redes sociais, novas tecnoloxías coma os smartphone os adolescentes relacionanse dun xeito machista e violento.
Dende o departamento de orientación quedanos moita labor que facer entorno a educación emocional, a convivencia, a asertividade e o respetuo mutuo por un mesmo e polos outros.
Dende fai tempo vense traballando nesta liña coa formación de mediadores escolares como nos propón Juan Carlos Torrego Seijo co seu libro “Mediación de conflictosen instituciones educativas. Manual para la formación de mediadores” Ed. Narcea.
Pero agora mesmo coas novas tecnoloxías os casos de violencia crecen dun modo exponencial. Xa que antes era un comentario de pasillo e agora e unha publicación por tuenti, facebook... que é visible a multitude de ollos, que se agraba con  insultos por whatsapp...
Polo tanto dende o centro educativo debemos educar a relacionarse e a utilizar todas estas novas ferramentas que son moi útiles sempre que se utilicen de xeito adecuado. Algunhas ideas para traballar esta temática son:
-       Charla da Guardía Civil sobre a temática, ciberacoso.
-       Vídeo de pantallas amigas sobre el ciberacoso.
-       Material: “Colegas , Amig@s y compañer@s” de Mª  Inés Monjas  e José Mª Avilés.
-   Traballar as relacións sociais  e as formas de relación para que se den conta  das condutas erroneas e poidan sustituilas por outras máis axeitadas.
      Para traballar todas estes comportamentos e modos de actuar dende nenos, a min hai un exemplo de centro que me gusta moito como é o CEP Zamakola.
       O seu plan de convivencia ten  tres bloques: Cuidamos o entorno, Cuidamos as persoas e Cuidamos as  relacións.
     Dentro de cuidamos o entorno tratase de coidar o espazo que rodea os nenos e nenas como os xardíns, podese incluir a horta e tamén aplicar a coidar o barrio onde está situada a escola, moi importante xa que educa todo un pobo. As actividades de barrio pode ser por exemplo facer unha semana cultural...
   Dentro do bloque cuidamos persoas, pretendese educar as emocións, a autoestima, habilidades sociais, cohesión grupal...
    Por último dentro do Bloque Cuidamos as relacións, o CEP Zamakola mima as outras culturas do centro. Nos recreos unha semana ao mes xogan aos xogos do mundo, nas festas escolares engloban talleres, comida, música,... doutros lugares. Neste bloque para coidar as relacións consensúanse as normas da clase, aproveitan o recreo para educar e sempre que xurden conflictos  intentan solucionalos con mediación.
      Como podemos ver todavía nos queda moito que facer e un longo camiño que percorrer onde os departamentos de orientación temos moito que aportar e moito que aprender xa que as novas tecnoloxías ofrecennos novas ferramentas e o mesmo tempo novos conflitos que debemos de intentar resolver e axudarlle a os discentes a ter ferramentas para saber “navegar” seguro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario